• Nuevo

Psiquiatría, corrupción e loita de clases: a folga do manicomio de Conxo en 1933

Libro
6,00 €
Cantidad

Descripción
Eliseo Fernández Fernández.

O traballo de Eliseo Fernández desmonta moitos tópicos sobre o estado da conciencia social do país e afonda en temas tabús dada a súa conflitividade. A folga dos traballadores do psiquiátrico de Conxo e a solidariedade do conxunto do movemento obreiro compostelán impugna a imaxe interesada dunha Galiza submisa e dunhas clases subalternas carentes de combatividade. A actuación ao longo do conflito do Gobernador Civil da Coruña, Ricardo Gasett Alzugaray, deputado cuneiro durante a Restauración tornado ao republicanismo, evidencia a conivencia dos mandatarios republicanos coas elites económicas e informa sobre as limitacións e carencias do réxime xurdido das eleccións do 14 de abril de 1931. A publicación acompáñase dunha colección de postais editada polos propietarios do estabelecemento que representan un extraordinario documento visual e tamén un exemplo un exemplo refinado de agit prop empresarial.

Kazanegra Editora - CNT Galiza, Compostela. 2019
100 págs. Rústica 21x15 cm

Detalles
Kazanegra
Libro
14 otros productos en la misma categoría: