legend

Pola liberdade

Libro
7,00 €
Cantidad

Descripción
A loita antifranquista de Luís Costa.

Juan García Durán.

A mítica historia de Luís Costa García comeza na Coruña cando a Garda Civil o deten logo do al-zamento militar de 1936. A fin de agachar as súas actividades anteriores no seo do movemento anarquista da comarca de Arou-sa, nos interrogatorios faise pasar por Juan García Duran, natural de Comillas, Santander. Ingresado no caree re coruñés, xa coa nova personalidade, foi condenado a morte. Coa pena capital comutada, permaneceu preso durante sete anos.

Xa en liberdade, incorpórase de cheo a unha loita clandestina antifranquista que o conduce a novas detencións e persecucións. No mesmo operativo policial que leva á cadea en 1946 aos irmáns Saco e Ramón Piñeiro, membros do Partido Galeguista, é detido en Madrid cando ocupa cargos de responsabilidade na CNT. Logo de duras estadías nos penáis de Ocaña, Alcalá e o Dueso, consegue fugarse do cárcere de Yeserías en 1949. En Francia inicia un exilio que o encaminará nos anos cincuenta ata Australia. Neste país inicia, logo de traballar como carpinteiro, uns estudios que, co paso dos anos, leva-rano a acadar o título académico de Doutor en Historia pola Universidade de París.

Luís Costa García naceu en Vilaxoán en 1915 e morreu en Alacant en decembro de 1986. As súas cinzas foron aventadas no mar de Arousa.

Este libro é un documento histórico único para achegarnos á loita contra a dictadura franquista escrito en primeira persoa por un dos seus máis activos resistentes.

Edicións A Nosa Terra. Colección O fardel da memoria, 8. Vigo 2001
256 págs. Rústica il. 22x15 cm
ISBN 9788495350909

Detalles
A nosa terra
Libro
16 otros productos en la misma categoría: