legend

Os conquistadores modernos

Libro
5,00 €
Cantidad

Descripción
Movemento obreiro na Galicia de anteguerra.

Dionisio Pereira (Coord.).

Un dos puntos escuros máis chamativos da historiografía contemporánea da Galiza é a falta de investigacións sobre o movemento obreiro, postas a disposición do lector interesado. A publicación que tedes entre mans non arela dar unha visión global e acabada do obreirismo galego, pola razón sinxela de que, tristemente, o desinterese de historiadores e institucións académicas non permite hoxe acometer unha empresa de tamaña magnitude.

Queremos, sintéticamente, perfilar distintos espacios sociais do noso país (as vilas, o agro, o mar, as cidades), e avantar mediante sete traballos de base no coñecemento de como as sociedades obreiras aparecen e se apañan neles. Como se adaptan, en definitiva, á peculiar estructura social e á idiosincrasia das e dos tra-balladores do mar e da térra. Dado o estado actual das pescudas, pareceunos máis útil, e tamén máis honrado, fuxir no posíbel de xeralizacións, situando ás organizacións proletarias a rentes da térra que pisaron os homes e mulleres que a elas pertenceron.

Edicións A Nosa Terra. Colección Historia de Galicia, 17. Vigo 1992
200 págs. Rústica 24x16 cm
ISBN 9788460443162

Detalles
A nosa terra
Libro
16 otros productos en la misma categoría: