legend

Obreiros alén mar

Libro
5,00 €
Cantidad

Descripción
Mariñeiros, fogoneiros e anarquistas galegos en New York (1900-1930).

Bieito Alonso.

A actividade laboral e sindical desenvolvida polos traballadores inmigrantes hispano-galaicos, fundamentalmente mariñeiros e fogoneiros, na cidade de New York durante o primeiro terzo do século xx é estudada nesta obra. Traballadores que viviron forxaron ou acrecentaron a súa conciencia de clase en contacto con outros inmigrantes de ideoloxía anarcosindicalista. Puxeron a andar unha experiencia sindical inédita, de base "étnica" e industrialista, a Unión de Fogoneros, Cabos y Engrasadores del Atlántico, asentada nos principais portos da costa leste norteamericana. Con oficios vinculados ao mar determinaron unha organización societaria (moi influenciada pola cultura da taberna portuaria) e das relacións entre os propios emigrantes nas que o debate aberto entre a pretensión dos anarcosindicalistas por configurar unha identidade internacionalista e a pervivencia dun-ha identidade de raíz "étnica" permiten, tamén, situar o obxecto deste estudo no marco da discusión xeral sobre a reformulación desa identidade e a identificación de clase.

Bieito Alonso (Ourense 1958) é Profesor de Xeografía e Historia e historiador, as súas áreas de investigación están centradas no estudo da emigración e do exilio dos gale-gos en América, na construción do sindicalismo nacionalista e mais na relación entre actividade sindical e migración. É autor de: Breve Historia do Nacionalismo Galego; Antón Alonso Ríos. Crónica dunha fidelidade-, O exilio de Castelao; Breve Historia do século XX; Trinta anos de sindicalismo nacionalista no ensino. Tamén participou nos volumes colectivos Os Conquistadores Modernos. Movemen-to obreiro na Caliza de anteguerra (Obreirismo en Tui); Historia Xeral de Galicia (Idade Contemporánea) e con Bernardo Máiz O Sindicalismo nacionalista galego.

Edicións A Nosa Terra, O fardel da memoria. Galicia 2006
192 págs. Rústica il. 22x15 cm
ISBN 9788483410363

Detalles
A nosa terra
Libro
16 otros productos en la misma categoría: