legend

La coacción moral

Folleto
2,00 €
Cantidad

Descripción
Ricardo Mella.

Texto en castellano. Introducción y notas en galego.

O folleto titulado “La Coacción Moral” de Ricardo Mella que os compañeiros do Ateneo Libertario da Coruña que leva o nome do anarquista vigués presentan nunha nova reedición, é un dos traballos aos que o propio autor parece que lle tiña máis aquel. Como nos di B. Cano Ruiz , “”La Coacción Moral” é un traballo que recorda, pola súa envergadura e firmeza, aos grandes estudios de William Godwin e Pedro Kropotkin”. A “coacción moral” constitúe un dos suficos sobre o que Mella apuntala a posibilidade dunha sociedade libre, baseada na igualdade de condicións e sen ningún tipo de governo; é dicir, unha sociedade autárquica. Plenamente convecido de que as leis non só son innecesarias, senón que incluso son prexudiciais para regulamentar as relacións entre os homes, presenta neste traballo unha elaborada argumentación amosando como son os costumes os que regulan as relacións entre os seres humanos, e que as leis son insuficientes para impedir a comisión de actos insociabeis se os costumes non sancionan tales actos.

Ateneo Libertario Ricardo Mella, A Coruña 1999
92 págs. Rústica 21x14 cm

Detalles
ALRM
Folleto
16 otros productos en la misma categoría: