legend

Falando Claro

Libro
15,00 €
Cantidad

Descripción
A historia do anarquista Claro José Sendón Lamela.

Pepe Sendón.

El autor, (Lira, 1964) rescata a figura do anarquista de Louro (Muros, A Coruña) Claro José Sendón Lamela (1897 -1937), unha das figuras políticas máis destacadas do anarquismo galego. Falando Claro é unha obra de divulgación histórica froito dunha longa investigación que comezou cando o autor descubriu, nunha enciclopedia, un breve perfil biográfico de Claro Sendón escrito polo historiador Dionisio Pereira. A partir dese momento iniciou unha procura tratando de seguir o rastro dunha vida trepidante e localizar unha produción escrita dispersa e difícil de encontrar.

O resultado desa procura publícase agora nun libro que é a reconstrución dunha peripecia vital novelesca e, ao mesmo tempo, a primeira escolma publicada do traballo xornalístico de Claro Sendón. A obra inclúe tamén unha serie de fotografías inéditas do protagonista.

Alvarellos Editora, Colección Oeste. Santiago de Compostela 2014
150 págs. Rústica il. 23x13 cm
ISBN 9788489323940

Detalles
Alvarellos
Libro
16 otros productos en la misma categoría: