legend

Guerrilleiro contra Franco

Libro
5,00 €
Cantidad

Descripción
A guerrilla antifranquista de Galiza-León, 1936-1951.

Francisco Martínez-López "Quico".

s territorios tan fronteirizos como irmáns de Galiza, O Bier-zo e A Cabreira coñeceron nos anos máis duros do franquismo da actividade de grupos guerri-lleiros que se opuñan coas armas á ditadura. Fixéronno ante a perda de liberdades civís e a conseguinte represión que trou-xo consigo o alzamento militar de 1936 contra a legalidade constitucional da II República. A guerrilla non foi senón unha opción máis de loita democrática exercida contra a ditadura militar que por estas térras mos-trou, con tráxica intensidade, a dureza da represión sobre a po-boación civil que se sentía identificada coas ideoloxías políticas progresistas e de esquerda que actuaban en liberdade antes de 1936. O guerrilleiro Francisco Martínez-López Quico compar-tiu con outros homes e mulleres uns dos momentos máis solemnes desta loita pola liberdade.

Francisco Martínez-López Quico naceu no 1925 en Cabanas Raras. Neste lugar do Bierzo creceu no seo dunha familia campesina, e desde os 17 anos colabora coa oposición antifranquista, e posteriormente súmase aos grupos guerrilleiros que se enfrontaron coas armas á ditadura. Na clandestinidade armada desde 1947, foi membro da mítica guerrilla de Manuel Girón, que mantivo entre Galiza e León unha inxente actividade de combate e propaganda até o ano 1951 no que, nunha evasión chea de perigos, consegue penetrar en Francia, país onde se exilia e continúa as súas actividades antifranquistas.

Edicións A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, Colección O fardel da memoria, 15. Vigo 2006
160 págs. Rústica il. 22x15 cm
ISBN 9788483410554

Detalles
A nosa terra
Libro
16 otros productos en la misma categoría: